miércoles, 18 de noviembre de 2009

ACTIVIDADE 7: O PUNTO MORTO

Realizade un proxecto de escola infantil no que se detallen custos (fixos e variables) e ingresos. Calculade o punto morto (nº de alumnos necesarios para comezar a obter beneficio) e o beneficio para distintos graos de ocupación do centro.

Tedes que facelo nunha folla de cálculo (reprimide o grito de pánico), pero como non se trata de aprender Excel, a continuación tedes un suposto resolto con outras cifras que debedes analizar, tratar de comprendelo e despois modificar cos datos do voso proxecto de escola infantil (... agora xa podedes gritar).

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Simulador de empresas RETOALCOA


A fundación Alcoa ofrece a posibilidade de participar nun concurso de simulación empresarial competindo con equipos de outros centros educativos: RETOALCOA
Seredes as directoras dunha empresa e, en definitiva, teredes que tomar as decisións que leven á compañía a ter unha alta rendibilidade.

As empresas "fabrican" un produto novidoso e revolucionario, de gran contido tecnolóxico.

As decisiones serán sobre o Prezo do produto, o investimento en Marketing, I+D, Produción e Capacidade de Planta. Analizaredes informes industriais, informes internos de compañías, balances de empresas, faredes estratexias de marketing...Teredes que dar todos estes pasos para introducir as mellores decisións.
A primeita toma de decisións ten lugar do 4 de decembro ao 12 de xaneiro.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Outra nova idea de negocio


Un servizo de taxi en moto nas grandes cidades supón un aforro de tempo e diñeiro á hora de desprazarse polas grandes urbes.

Outras cidades dispoñen tamén deste servizo, así como de bici-taxis (en Londres, Newyork, Amsterdam, Barcelona ou Málaga).

podes ver a noticia e un vídeo no enlace: Moto-city


martes, 20 de octubre de 2009

A resposabilidade social na empresa

Podes ver o trailer do documental "Non á venda", que fala da responsabilidade social das grandes empresas multinacionais


Posteriormente contesta ás seguintes cuestións:
  1. ¿Que se entende por responsabilidade social da empresa ou responsabilidade social corporativa? Busca en http://www.observatoriorsc.org/ e noutras fontes que o complementen.
  2. Entra na páxina web de Inditex e fai un resumo das normas de conduta que ten a compañía. Expresa tamén unha opinión ao respecto.
  3. Entra no informe do Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa e indica os criterios (os 5 que creas máis destacables) que siguen para cualificar unha empresa de responsable socialmente (páx. 124) e despois elabora unha lista coas 10 empresas máis éticas do Ibex-35 e as 10 menos éticas (páx. 142)

lunes, 19 de octubre de 2009

A imaxe corporativa

Comproba até que punto coñeces a imaxe corporativa de diferentes nmarcas no seguinte vídeo.
A ver se eres quen de adiviñar a marca antes de que apareza o seu nome

A cultura empresarial



Entra no enlace, busca outros enlaces na Internet e contesta as seguintes preguntas:
· ¿Que é a cultura empresarial?.
· Pon algún exemplo que ilustre esa cultura empresarial (a ser posible diferente ao que figura nese texto).

jueves, 15 de octubre de 2009

Outra experiencia copiada como idea de negocio


Montan un párking «low cost» para competir co que hai no aeroporto de Alvedro
O novo parque de estacionamento, ubicado en Almeiras, conta con 165 plazas, recolle o coche na terminal e devólvello ao cliente lavado sen custo adicional. Tamén Vigo conta con un servizo similar.

Pero a primeiro de Galiza en desenvolver esta experiencia foi unha empresa no aeroporto compostelán de Lavacolla onde, debido ao éxito, é necesario reservar praza con antelación.

Contan con información a tempo real das chegadas dos voos o que lles permite entregarte o teu coche limpo á porta da terminal cando saes.


martes, 6 de octubre de 2009

A idea de negocio


Unha escola infantil de Vigo copia unha idea experimentada por outra de Granada, consistente en abrir un sábado pola noite cada mes para que os pais "teñan intimidade". Podes ver de forma máis detallada esta nova no ENLACE (outro enlace doutro xornal)

(ACTIVIDADE VOLUNTARIA: Poderías buscar a nova de Vigo na rede e publicala no teu blog)

Novas experiencias na aprendizaxe dos nenos de 3 anos que poden ser aplicadas nunha nova idea de negocio que a diferencie do resto de escolas infantiles.

Outras ideas de negocio alleas ao noso ciclo, pero curiosas:
  • unha nova bici eléctrica que promete revolucionar o mercado (xa veremos...), é manexable e fácil de transportar unha vez chegado ao punto de destino.

http://www.yikebike.com/