jueves, 16 de diciembre de 2010

Pensando no futuro

No mes de abril teredes que facer o proxecto, no que a parte empresarial é de vital importancia. Así que aquí tedes un artículo da revista Emprendedores que pode introducirvos no tema, con un exemplo de negocio no sector da educación infantil, con un marxe de beneficio de entre o 15 e o 30%.
Observade que, como en todos os negocios, nun principio os gastos son moitos e os ingresos non chegan para cubrilos. Pero ao final do primeiro exercicio comezan a asomar as cifras positivas.

Lembra que esto só é un artículo, que tes outros negocios tipo na páxina de BIC GALICIA (que utilizaches na actividade 1), e que o proxecto debe ser orixinal e non copia de ningún outro.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

un proxecto empresarial fin de curso

Googlelandia e a súa cultura empresarial


Para ver como se motivan os traballadores de Google, basta con ver as súas oficinas en Zurich, tamén chamadas “Googelandia

Dous españois dirixen en Google a comunidade Panoramio, que está ilustrando con fotografías os mapas do buscador.
Eduardo Manchón e Joaquín Cuenca teñen 31 anos, mozos como todo o persoal, e comparten lugar de traballo con dous compañeiros. Nos seus intres libres xogan ao Guitar Hero ou ao billar ou visitan a sala de relaxación decorada con acuarios repletos de peixes de cores, e son os fundadores de Panoramio, o sistema que permite publicar fotografías nos mapas vía satélite de Google Earth, que o buscador comprou en maio de 2007.
Nunca se soubo canto gañaron con esta compra. Eles aseguran que non tanto como para retirarse para sempre ("dependendo do que gastes") e o que lles motiva é seguir adiante co seu proxecto, ao que máis dunha vez cualifican de "o noso neno".
Xa hai cinco millóns de fotos en Panoramio, que ensinan un monumento ou lugar no punto exacto onde foi tomada. "Fotografar todo o mundo? Depende de ata onde queira chegar a comunidade", asegura Eduardo, quen subliña que en Panoramio son os usuarios quen marcan a dirección do proxecto.
"O sistema é o que mide a popularidade das fotos, dependendo da calidade, o tamaño ou as visitas que recibiu. Non se poden desvelar todos os segredos", comenta Eduardo, quen recoñece que hai certos sitios onde hai unha gran competitividade, como a Torre Eiffel, a Estatua da Liberdade ou a Praza de San Pedro no Vaticano. "Pero cada vez hai máis interese por mostrar sitios recónditos, ser o primeiro en publicar unha foto de determinada zona é tamén motivo de orgullo", engade Joaquín.
"Sempre vimos que Panoramio encaixaba perfectamente con Google", di Eduardo a quen se lle fai difícil pensar que tan só pase un ano e medio desde que lanzasen o Panoramio.
Os dous traballaban fóra de España. Joaquín en Paris como programador, e Eduardo en Alemaña como consultor independente. Un día Joaquín mostroulle a Eduardo como encaixara a foto da súa casa no Google Earth, e a partir de aí puxéronse a traballar. Un das súas grandes vantaxes foi ser unha das primeira aplicacións desenvolvidas para Google Earth, o que lle facilitou estar en contacto coa compañía, que en poucos meses, engadiulles como un enlace dentro do seu mapamundi interactivo. "Nunca pensamos que ían incorporar directamente as fotos en Google Earth. Multiplicamos por 30 o noso tráfico nun só día", recordan ambos aínda con asombro. A partir de alí, o conto de fadas, fíxose realidade.

jueves, 7 de octubre de 2010

Experiencias emprendedoras


Tes no ENLACE moitas experiencias de emprendedoras reais que resultan orixinais, recollidas de diferentes números da revista emprendedores.

Poñamos o exemplo de PANORAMIO:
2 españois inventaron o programa informático PANORAMIO que permite ver e baixar fotografías de lugares para o Google Earth. Investiron na idea 77€ (7 do dominio e 70 do aluguer do servidor), e venderon a idea a Google. Nunca se soubo canto gañaron con esta compra. Eles aseguran que non tanto como para retirarse para sempre e o que lles motiva é seguir adiante co seu proxecto, ao que máis dunha vez cualifican de "o noso neno". Agora traballan na sede central de Google en Zurich.
Xa hai millóns de fotos en Panoramio, que ensinan un monumento ou lugar no punto exacto onde foi tomada.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Programación do módulo


Quero darvos a benvida ao novo curso, lembrándolle a quen sufra de depresión postvacional que debe animarse porque o 2º curso é moito máis curto e que, cando vos dedes conta, este xa terá rematado.

Este módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora vai resultarvos moi diferente ao resto das materias, pero non debedes ver isto como un problema, senón como uns coñecementos que vos permiten desconectar durante un rato dos módulos relacionados coa vosa profesión ademais de seren de moita utilidade se algún vos decidides a dar o gran paso de montar a vosa a propia empresa, sexa neste o noutro campo.

Adxunto un enlace coa programación da materia para que poidades ver os contidos, criterios de avaliación, etc.

Algúns términos económicos en galego