miércoles, 18 de noviembre de 2009

ACTIVIDADE 7: O PUNTO MORTO

Realizade un proxecto de escola infantil no que se detallen custos (fixos e variables) e ingresos. Calculade o punto morto (nº de alumnos necesarios para comezar a obter beneficio) e o beneficio para distintos graos de ocupación do centro.

Tedes que facelo nunha folla de cálculo (reprimide o grito de pánico), pero como non se trata de aprender Excel, a continuación tedes un suposto resolto con outras cifras que debedes analizar, tratar de comprendelo e despois modificar cos datos do voso proxecto de escola infantil (... agora xa podedes gritar).

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Simulador de empresas RETOALCOA


A fundación Alcoa ofrece a posibilidade de participar nun concurso de simulación empresarial competindo con equipos de outros centros educativos: RETOALCOA
Seredes as directoras dunha empresa e, en definitiva, teredes que tomar as decisións que leven á compañía a ter unha alta rendibilidade.

As empresas "fabrican" un produto novidoso e revolucionario, de gran contido tecnolóxico.

As decisiones serán sobre o Prezo do produto, o investimento en Marketing, I+D, Produción e Capacidade de Planta. Analizaredes informes industriais, informes internos de compañías, balances de empresas, faredes estratexias de marketing...Teredes que dar todos estes pasos para introducir as mellores decisións.
A primeita toma de decisións ten lugar do 4 de decembro ao 12 de xaneiro.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Outra nova idea de negocio


Un servizo de taxi en moto nas grandes cidades supón un aforro de tempo e diñeiro á hora de desprazarse polas grandes urbes.

Outras cidades dispoñen tamén deste servizo, así como de bici-taxis (en Londres, Newyork, Amsterdam, Barcelona ou Málaga).

podes ver a noticia e un vídeo no enlace: Moto-city