lunes, 2 de mayo de 2011

O PROXECTO: A parte de xestión empresarial

Aquí tedes un guión que pode servirvos de referencia para realizar esta parte do proxecto. Iso sí, a empresa debe xerar beneficios (ter ánimo de lucro) ou ben permitir obter uns ingresos aos partícipes da mesma (cabe a posibilidade de ser unha cooperativa de traballo na que, ainda que non hai ánimo de lucro, os socios obteñen uns ingresos que lle permitan sobrevivir ou complementar outros ingresos que teñan fóra da empresa). É dicir, a empresa ten que ser viable economicamente.

  • Forma xurídica elixida (xustificando a elección)
  • Análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do voso proxecto)
  • Estudo de mercado ou datos que confirmen a viabilidade do negocio.
  • Trámites.
  • Capital necesario. Indicando cales van ser os principais investimentos ou desembolso necesarios para o funcionamento da empresa.
  • Outras fontes de financiamento (préstamos, subvencións, leasing, etc)
  • Previsión de gastos e ingresos anuais. E por diferencia o resultado estimado nos primeiros anos (lembrade que os dous primeiros anos son os máis duros e é posible soportar perdas ou baixos ingresos se existen perspectivas fundadas de obter maiores ingresos cando se consolide a empresa).
  • Fiscalidade da empresa (lembrade que é un gasto máis)
  • Se houbese traballadores contratados: Tipo de contrato e Seguridade Social (lembrade que ademais do salario base e complementos hai que pagar a Seguridade Social, que supón aproximadamente un 30% dese salario).
  • Estratexias de Marketing.
Avaliarase positivamente a esquematización destes datos, mediante táboas ou esquemas.

Para calquera dúbida enviade unha mensaxe ao meu correo tomas@edu.xunta.es